Lanzamento novo videoclip – Luns 15 de Agosto

#intropía Case que tres meses despóis do lanzamento do álbum debut de Fernando Barroso, estrearase este novo videoclip no vindeiro luns. Unha ‘road movie’ dun tema homenaxe á cidade de Vigo, que Barroso incluíu entre as 17 pezas que completan o disco Intropía. Planos da cidade olívica durante a transición entre o día e a noite. Un ‘time-lapse’ que amosa a actividade da ría de Vigo e a beleza das postas de sol sobre as Cíes. A interpretación dos diferentes instrumentos que aparecen na música, con lugares emblemáticos da cidade como escenario. E ata un duelo de guitarras eléctricas na Praza do Rei a medianoite. Toda unha revisión da cidade a través das vivencias deste músico ferrolán afincado en Vigo hai 20 anos.

Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone