Lanzamento de Intropía en Vinilo – 9/12

rua_3573

Lanzamento de Intropía en Vinilo.

Non só como un capricho, senón como unha adaptación á evolución do mercado da música de hoxe, acabéi por decidirme a editar este formato, o cal representa curiosamente o pasado e o futuro do formato físico, no xeito de escoitar a música. Quizáis por mor das súa connotación histórica ou nostálxica, ou pola súa verdadeira calidade e calidez acústica, pero nos últimos 5 anos o vinilo ten disparado as súas vendas a nivel dos picos máis altos acadados nos 80 ou 90. Mentres o CD compite coas plataformas dixitáis, perdendo así o seu gran valor como obxecto de fácil portabilidade, reaparece o vinilo coma o verdadeiro formato físico e analóxico, ademáis de ser unha nova gran experiencia para as persoas que naceron na era dixital. O vinilo voltóu, e o fixo ao grande.

O 9 de decembro será distribuído nos distintos puntos esta versión en vinilo do meu primeiro disco en solitario ‘Intropia’ publicado en maio de 2016 e que reeditamos neste nadal. LP-Vinyl que podedes reservar desde agora e ata o final da existencia desta edición limitada.

Toda a información e reservas: discos@fernando-barroso.com

http://fortune.com/2016/04/16/vinyl-sales-record-store-day/

Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+Email this to someone