12748000_1038327689523522_6196716729794559535_o

Biografía: Fernando Barroso é un músico, compositor e produtor galego, nado en Ferrol en 1979. Doctorado en Química Física pola Universidade de Vigo en 2010, desde 2011 dedícase exclusivamente á produción musical e á participación en varios proxectos musicáis en Galicia. Hoxe forma parte das bandas ‘Riobó’, ‘Budiño’ e ‘TRIM’ e ten colaborado con artistas do porte de Anxo Lorenzo, Xabier Díaz e Julio Pereira. Foi parte da lendaria banda ‘paratradicional’ ferrolá ‘Os Cempés’ na súa última etapa e co-fundador do trío internacional “Assembly Point” con Eoghan Neff e Luís Peixoto. Con este último tamén co-producíu outros traballos como “POP (2013)” ou TRIM (2014) ‘. Dende 2016 forma parte do laboratório creativo NEXO, con músicos de varios países de América e Europa. 

Guitarrista de vocación, Fernando Barroso é multi-instrumentista en corda pulsada, con instrumentos coma o bouzouki irlandés, mandolina ou banjo e ten experimentado cavaquinhos e violas portuguesas como se mostra no seu último traballo ‘Intropia'(2016). Este traballo é o resultado dunha procura incesante de ordenar as ideas e controlar o caos nun mundo que xira cada vez máis rápido. Un disco que foi tomando forma ao longo do último ano e medio, e que Barroso presenta en maio de 2016. Un traballo co que abre un camiño cara un proxecto propio.